O CAMIÑO DE SANTIAGO

Os xogos Olímpicos

 
 
HISTORIA DAS OLIMPÍADAS

1.- OS XOGOS DE OLIMPIA
As olimpíadas son unha festa ou xogo que os antigos gregos celebraban cada 4 anos en Olimpia, cidade de Elida, e que serviu de cómputo aos gregos para contar o tempo a partir do ano 776 a.C que se fixou na primeira olimpíada e se celebraban en honor a Zeus (Júpiter).

As festas organizábanse seguindo un  programa :

- O primeiro día, dos cinco que duraban: procesións e sacrificios,

- No segundo, terceiro e cuarto, realizábanse competicións deportivas  nun estadio e  nun hipódromo as carreiras de carros e de cabalos montados.

- O quinto, e último día, dedicábanse a proclamar os vencedores e entregarlles o trofeo que consistía nunha coroa de oliveira, mentres un heraldo pregoaba o nome e a patria do triunfador

Por outra parte, o territorio de Elida non podía ser violado e, as tropas que vían á necesidade de cruzalo non podían empregar alí as súas armas . Só podían asistir ás olimpíadas os homes e mulleres solteiras, sendo condenadas a morte as casadas que o facían.

Existe constancia documental e coñécense os nomes de todos e os vencedores dos xogos que se celebraron en Olimpia dende o ano 776 a.C ao 393 da nosa Era (293 olimpíadas).

O primeiro gañador coñecido foi Koreibos de Elida, ao que se entregou como premio unha mazá.

Nos 14º xogos engadiuse a carreira do diaulo ou dúas voltas ao estadio e posteriormente chegaron as probas de dólico, loita, boxeo, cuadrigas, pancracio... ata contarse 23 disciplinas nas ultímas edicións.

O emperador Teodosio "O grande" prohibiu os xogos olímpicos en 394 por consideralos pagáns e a cidade foi destruída en 426.





2.- O BARÓN DE COUBERTÍN

O francés Pierre de Fredi, barón de Coubertín, foi a figura clave para o establecemento dos modernos xogos olímpicos no século XIX.

Este aristócrata defendeu a idea do olímpico como fenómeno cultural, propuxo o establecemento dos xogos en 1900, coincidindo coa Exposición Universal que conmemoraría en París a chegada do século XX.
O 23 de xuño de 1894, os 79 delegados do Congreso Atlético de París aproban restablecer os xogos olímpicos, cuxa primeira edición adiantan a 1896 e acordan adxudicar a Grecia a súa sede, malia a súa crise económica, en recordo dos xogos da antigüidade.


 3.- XOGOS OLÍMPICOS DA ERA MODERNA

ATENAS 1896 e PARIS 1900

Entre o 6 e o 15 de abril de 1896, celebráronse en Atenas os primeiros xogos olímpicos da Era Moderna, que foron un éxito malia a crise económica de Grecia, 311 atletas (230 gregos) participaron en 9 deportes e o país anfitrión encabezou o medalleiro. Spiridon Louis, de 18 anos, gañou o maratón, carreira ideada por Coubertín e que non existía anteriormente.

Os xogos de 1900 quedaron confundidos coa Exposición Universal de París, aínda que quedaron 5 meses e un programa máis amplo.

A participación  cuadriplicouse e competiron as 19 primeiras mulleres.

Pedro Pidal, en tiro, gañou a 1ª medalla de prata para España, pero as medallas tardaron anos en entregarse.

AS SEGUINTES OLIMPÍADAS

A organización das seguintes Olimpíadas correu a cargo das cidades que a continuación se indican:
1904 III edición San Luis Estados Unidos
Suspendidos pola Primera Guerra Mundial
Suspendidos pola Segunda Guerra Mundial

ENLACES
http://www.olympic.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario