O CAMIÑO DE SANTIAGO

8/11/17

SAMAÍN CINEMATOGRÁFICO

Este curso celebramos o Samaín dunha maneira moi cinematográfica.
Partindo do noso proxecto anual Luces....cámara...acción!bCada curso elaborou un tráiler terrorífico que proxectamos na biblio, preparada para la ocasión.

22/10/17

PROXECTO ANUAL

LUCES, CÁMARA ....ACCIÓN!!!



Este é o título do proxecto anual para o curso 2017 - 2018  promovido  desde a biblioteca.
Ao longo do ano intentaremos coñecer máis cousas sobre o audiovisual en xeral.
Na pestana "Luces, cámara, acción.." tedes moita máis información.

30/6/17

REVISTA ESCOLAR

REVISTA ESCOLAR CURSO 2016 - 2017

SEXTILIBROS

 SEXTILIBROS
Un ano máis o alumnado de sexto xunto co seu profe Santi traballaron e escribiron os Sextilibros. Despois estiveron expostos na biblioteca para que todo o mundo os lese e votase polos que máis lles gustaron....e agora publicámolos aquí.

10/1/17

Guía de lecturas de Nadal

ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE

CANTAS COUSAS FIXEMOS NESTE TRIMESTRE!!


Xa remataron as vacacións de Nadal! De volta no cole vouos contar algunhas cousas que fixemos no primeiro trimestre.
O primeiro que fixemos foi elaborar un grande mural dedicado ás nosas tradicións, o proxecto de traballo que imos levar ao longo deste curso.
Despois recibimos dúas visitas moi importantes: 

A de Iago López, olímpico de vela e finalista no campionato do mundo na categoría de 49 er




A outra visita foi Iván Raña , campión de triatlon e na elite dos iron man

Uns días máis tarde a nosa biblioteca convertiuse nun  lugar de terror!!!























 Alí, despois de cruzar o túnel do terror fomos contar e representar os nosos medos.
Neste enlace podes ver moitas máis imaxes.
 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandrecadarso/node/1073

E chegou o Nadal...e tivemos o concerto dos nosos compañeiros que estudan no conservatorio