O CAMIÑO DE SANTIAGO

16/4/16

CANTAS COUSAS FIXEMOS!!!

Botástesme de menos? A verdade e que estiven moi ocupado todo este tempo, pero vouvos contar algunhas cousas que estivemos facendo este curso.


Que medo pasamos no SAMAÍN!!! Encheuse a biblioteca de bruxas, monstros, fantasmas, zombis... e puxéronse a facer apócemas misteriosas........





No NADAL tivemos un concerto do alumnado do noso cole que vai ao conservatorio





 E despois FESTA!!!!! Con Radio Nadal...non paramos nin un momento de bailar e saltar.




En xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ. Regalamos pombas, fixemos poemas......






De seguido preparamos o Entroido, tiñades que ver a todo o alumnado do cole desfilando disfrazados segundo o libro que estaban a traballar. E ata o propio Julio Verne apareceu ao final!!!

VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO

VIAXE AO CENTRO DA TERRA



A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS


DA TERRA Á LÚA




Chegaba o tempo de celebrar O DÍA DA POESÍA, pero como coincidía nas vacacións de Semana Santa, adiárono para o 8 de abril.
Este ano os profes decidiron usar a tecnoloxía : os nenos e nenas recitaron poemas, fixeron traballos e todo foi gravado coa tablet e presentado así. 
Mirade na pestana de  DÍA DA POESÍA e veredes que cousas chulas fixeron.